Zona Hadal
MANIFESTO

MANIFESTO

MANIFESTO

I. A Asociación Sociocultural Zona Hadal é o punto de tanxencia de dúas disciplinas complementarias: a educación social e as artes audiovisuais. Para nós, esta unión é necesaria e urxente. As metodoloxías propias da educación e das artes son, nesta zona, un todo indisoluble.

II. Zona Hadal nace co propósito de facer reflotar a memoria, de construír(mos) comunidade e de visibilizar(mos) como persoas axentes de cambio.

III. Comprometémonos a crear proxectos que vaian ao máis íntimo do público que os atravesa e que se mergulla neles, atraendo as xentes ao fondo Hadal das cuestións abordadas. Desafiamos ao desafiante século XXI, lanzando preguntas formuladas para as persoas de hoxe. Contido e forma son, para nós, a mesma cousa.

IV. Desenvolvemos o noso traballo en Galicia porque temos raíces galegas e porque firmamos un compromiso férreo coa nosa veciñanza e co noso territorio.