“Lendas é un conxunto de ilustracións sobre mitoloxía galega cun estilo escuro e místico, onde poderedes ver aos personaxes máis fantásticos da nosa cultura dunha maneira moito máis realista e terrorífica, seguramente como o pobo os imaxinaba séculos atrás”.
Jorge Pérez é un ilustrador e escultor betanceiro co que Zona Hadal xa colaborou para realizar a banda deseñada do suplemento de prensa Antolín Faraldo 2022. Se vos interesa o seu traballo ou queredes mercarlle algo, podedes contactar directamente con el a través do seu Instagram: @jayjayarts.