O Fondo Andrade é a plataforma de donativos de Zona Hadal a través da que podes apoiar económicamente á nosa asociación sociocultural sen ánimo de lucro.
Podes facer (a través de PayPal) unha doazón única ou periódica e sempre da cantidade que ti consideres apropiada.
Isto vainos axudar moito a poder levar a cabo os nosos proxectos socioculturais xa que, como asociación pequena que somos, non dispoñemos dos fondos propios que poden ter outras entidades moito maiores. Cada proxecto de Zona Hadal ten unha fase de financiación que podes axudar a facer máis fácil coa/s túa/s aportación/s.
Polo momento, a nosa non é unha asociación declarada de utilidade pública. Por iso debes ter en conta que non poderás deducir os teus donativos feitos a Zona Hadal.